CRONICA
Este mes a ruta transcurriu por terras de Taramundi. Logo do madrugón de rigor, o que peor se leva, comezou unha ruta moi especial, primeiro porque éramos 29, moitos mais dos que solemos ir ás rutas, moitos xente que viña con nosoutros por primeira vez, e que esperamos que lle picara o gusanillo, que volvan e se faigan parte deste grupiño, e logo por razóns personais que paso a contar.
A ruta da auga foi a primeira ruta que fixemos miña irmá e eu con Paso Miúdo, bueno e sin Paso Miúdo tamén, e cando a fixemos quedamos enganchados os dous, tanto ó sendeirismo como á xente que forma este grupo e á súa filosofía sendeirista, que é que desde o respeto á natureza e as ganas de facer un pouco de exercicio, nunca nos olvidamos de que somos un grupo de xente compartindo un domingo na natureza, non vinta e tantas personas, ou as que sexan, andando polo monte á súa bola, e que o amor a natureza non e incompatible, nin moito menos, co amor a compartir mesa entre amigos. Cando fixemos aquela ruta da auga paramos nas Veigas tomar o tentempé tradicional cunhas sidrinas e os donos, moi vendós, como bos asturianos, ensináronnos toda a aldea, logo paramos nos Teixois onde tomamos outras sidrinas e escoitamos unhas pezas de gaita. Daquela o meu sibaritismo natural me levou a pensar, e logo a decir, que a perfección habería sido comer nas Veigas un churrasco, e así naceu esta ruta, das ansias de perfeccionar o xa sublime.
Comezamos facendo un cachiño da ruta dos ferreiros e logo seguimos pola ruta da auga ata os Teixois. As paisaxes de Taramundi, ó igual que a dos Oscos, son impresionantes, fragas ata onde chega a vista, o que sempre nos leva o mesmo comentario, que A Mariña debería ser así, ou o que é o mismo, como era non hai moitas xeracións. Percorremos eses carreiros estreitos entre a fraga, co murmurio do río oíndose casi todo o tempo, o día era calido sin ser quente e fresco sin ser frío, ideal, subimos a catarata da Mexadoira, pero non levaba auga apenas, e tomamos alí o noso tradicional tentempé matinal, contámoslle ós novos a nosa recurrente historia da “boa constrictor papa chocolate”,
Logo seguimos ata Os Teixois, alí atopamos a uns gaiteiros amenizando o aperitivo, tomamos unhas sidrinas refrescantes, houbo aloita de escanciadores, e nos hinchamos a sacar fotos e a disfrutar do momento relax. Logo seguimos ata As Veigas, desde o camiño que vai polo alto de ve todo o val impoñente, coa verde fronda da fraga e xa con algunha árbore comenzado a marelear, o que me leva a decir que a ruta pluscoamperfecta por Taramundi quizás seña esta misma pero ben metidos no outono para vernos todos navegando nun mar de ocres, outro ano cae. As Veigas vese desde lonxe, pequeniña, rodeada de verde fraga por todas partes, fabuloso fin de ruta, preciosa aldea restaurada, como dixo a señora Playfair da casa de Sean Thornton digo eu, todas as aldeas de Galicia deberían ser asi. Nas Veigas tomamos outras sidrinas de aperitivo e logo pasamos a comer no comedor mais bucólico que recordo, iluminado por velas e coa lareira encendida, si, a mediados de setembro, comimos unha excelente tortilla de patacas con cabrales, unha suculenta fabada e churrasco a rabiar, postreamos e chupiteamos, o licor de noces necesitaba mais repouso, o de cereixas mais tempo para disfrutalo, e así regresamos, contabamos con siestear un pouquiño pero nosoutros pasamos a viaxe de volta falando.
En resumen a ruta ideal, camiños estreitos e ben coidados entre a fraga, o silencio, o ruido do río, do vento entre as follas, ese mar de verdes intensos, as aldeas cuidadísimas, coquetas, esa sensación que teñen as rutas de Asturias de vividas e prosperas, o atoparse xente nas aldeas, moita, comendo e tomando o aperitivo, os sons da gaita, a comida boa e sempre abundante de Asturias, a excelente, coma sempre, compañía, as parolas, as risas, os ruídos de experiencia rural de Javier, todo eso fixo que fora un domingo extremadamente especial, diría de novo como a señora Playfair, todas as rutas deberían ser así.
Vémonos de novo en menos de un mes para compartir outro domingo en boa compañía, e outra vez en terras asturianas, pero que falan pouco mais ou menos como nosoutros.
Juan.
martes, 17 de septiembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)